Carmen Martin
curriculum vitae
inicio
descargar pdf
san fernando · pintura en acción · pies · retratos · arte & café · maría · ilustracións
1992 · 94 · 96 · 97 · 98 · 99 · 2000 · 01 ·  03 · 04 · 05 · 06 · 2007
enlaces · contacto

Carmen Martin é unha pintora galega nada en Winterthur (Suiza) en 1971.

Moi pequena a sua familia regresou a Ferrol, que é onde hoxe vive.

Estudou Belas Artes en Pontevedra (onde fixo o primeiro ciclo) e rematou en Barcelona onde se licenciou na especialidade de Pintura no ano 1997, aínda que tamén estudiou na especialidade de Gravado.


Ten exposto en salas importantes, como por exemplo Els Quatre Gats, Galeria Punt Jota Art, Galeria Fenicia, en Barcelona, ou o Gran Hotel de Sitges, etc.


En Galicia ten exposto no Centro Cultural Torrente Ballester, Galería Sargadelos (Ferrol), Círculo Mercantil de Marín, na gran sala de exposicións do Concello de Ortigueira, Galería Arte-Imagen, Hotel Meliá-Maria Pita (A Coruña)...


Pero o que caracteriza a esta artista é o traballo. Carmen Martin ten protagonizado desde que comezou a súa carreira diversas accións pictóricas e exposicións pola súa conta de grande envergadura.


Xa en Barcelona montou unha exposición con máis de 400 debuxos e máis de 50 cadros con vistas de diversos lugares da cidade, no local abandoado dunha antiga imprenta do século XIX, no medio do Barrio Gótico. A exposición da “Imprenta Borràs” tivo moitísimos visitantes e mesmo foi suxeito dunha cortometraxe de Juan Pablo Etcheverry (Minotauromaquia, La Flor más Grande del Mundo), amigo noso.


Cando volveu a Ferrol, no ano 1998, Carmen e o seu marido, o tamén artista Miguel-Anxo Varela, fundaron a Escola Aberta de Arte, unha institución educativa que serveu de modelo a outras posteriores. O pulo de Carmen déixase notar nas múltiples actividades da Escola, desde exposicións de alunos moi pouco convencionais -chegaron a facer unha exposición dividida en temas/talleres nas que as obras estaban espalladas por 16 cafeterías, que foron inauguradas todas no mesmo día-, ou festivais na rua, colaboracións co Concello, cursos de Gravado...

Actualmente Carmen deixou a docencia na Escola Aberta de Arte para adicarse plenamente á pintura e a ilustración.

  • O encargo duns cadros para o altar da Igrexa de San Fernando en Santiago, co traballo previo que supón (bocetos, probas, composicións, visitas, etc) é parte do seu traballo actual.

Este traballo recóllese en http://carmenmartin.com/enca/sfer/index.html

Pero ademais Carmen compaxina isto con varios proxectos a longo prazo:

  • Pintura en Acción. Ante a pasividade das institucións, tanto públicas como privadas, que reservan as súas salas importantes para ciclos expositivos de fóra de Ferrol ou pintores de idades avanzadas, Carmen iniciou un ambicioso proxecto consistente nunha serie de maratóns pictóricas, ou accións, titulada precisamente Pintura en Acción, na que está a levar a súa pintura en directo a diversos lugares normalmente non asociados a usos artísticos. Nestes lugares Carmen pasa todo un día -doce horas aproximadamente- pintando alí, tanto os lugares como a xente que pasa por alí.

    ·

Ten programada unha acción pictórica por mes, e mesmo ten un blog en Internet (Pintura en Acción, http://carmova.blogspot.com) no que se recolle o seu traballo, pero sobre todo referido a este proxecto.

Polo de agora ten feitas oito accións pictóricas e xa está organizando a novena:

  1. 3 de xaneiro de 2007: Cafetería Zucre. A cafetería Zucre é coñecida en Ferrol precisamente polas súas exposicións habituais, e na prática funciona como sala de exposicións a falta de espazos máis axeitados na cidade. Nunca se fixera nada parecido no local.
  2. 23 de febreiro de 2007: Cafetería Cafeto. Habitual das exposicións ARTE&CAFÉ de Carmen (aínda que non acostuma a organizar exposicións), o Cafeto serviu para a seguinte acción pictórica.
  3. 21 de Marzo de 2007: Campus de Esteiro, Ferrol (Universidade da Coruña). Neste lugar Carmen pasará todo o día pintando ao temple. A Escola que dirixe organiza paralelamente unha conferencia sobre a historia deste procedimento pictórico e as obras exporanse a continuación na Escola de Enfermería.

Posteriores edicións de Pintura en Acción tiveron como escenario a Escola Oficial de Idiomas, a Festa dos Callos de Santa Mariña, o Diario de Ferrol, o Porto de Ferrol, a praia de Santa Comba...

Aqui hai unha lista completa. 

Estas accións pictóricas sírvenlle a Carmen como protesta pola dificultade para amosar o traballo na súa propia cidade, como reivindicación da dignidade e modernidade da pintura figurativa nun momento no que os medios só queren falar de conceptualismo e minimalismo, como modo de levar a pintura a todas partes e sobre todo como escusa para pintar. Porque como ela di “sempre hai unha razón para pintar”.

Maís infomación sobre Pintura en Acción no blog.

  • Pies. Desde comezos de ano Carmen ten un carteliño na porta da Escola no que pide pés destrozados para pintar.  A lista de volutarios é enorme, e xa ten pintado unha morea de cadros de tema pedestre. A exposición final deste traballo será na Escola de Podoloxía e Enfermería do Campus de Ferrol.
  •  Retratos. Neste proxecto Carmen está a realizar, a razón de dous por semana, retratos de alumnos da Escola Aberta e amigos, en diversos formatos e técnicas, se ben predomina o acrílico e o óleo. Ao cabo dun ano, en Outubro de 2007, exporá todo o conxunto de retratos -calcula uns 150- nunha sala importante. Este proxecto recolle un retrato da Escola Aberta e o seu entorno a través dos rostros da xente que pasa por ela.
  • Arte & Café. Tomando o nome das exposicións que Cartel da exposición das casas con pelo do Cafetoantes organizara na Escola Aberta, Carmen utiliza dúas cafeterías ferrolás para expor habitualmente os seus traballos. A diferencia das exposicións amateurs, nas que a cafetería é un sustituto da Galería de Arte, no seu caso estes locais son extensións do seu taller. Nelas expón os últimos traballos, para os que o seu taller xa empeza a ficar pequeno. Estas son as que fixo desde que empezou:

    Cafetería CAFETO, Rua Galiano, Ferrol:

  1. "Madre no hay más que una pero aquí tengo varias", con cadros de maternidades de todas as edades e tipos. En Novembro-Decembro de 2006.

  2. "Desde el tejado", con vistas aéreas de Ferrol, feitas desde terrazas e tellados da cidade. Desde Decembro de 2006 a Xaneiro de 2007.

  3. "Casas con pelo", cadros de casas de Ferrol y arredores nas que as árbores forman mechóns sobre ou diante delas. Durante Febreiro.

  4. "Un mar de cuadros", con cadros sobre o mar

Cafetería DERBY, Ferrol:

    1. "Peces", con peixes antes e despois de ser cocinados.

    2. "Castañas". Coincidindo co Magosto, exposición sobre castañas, erizos de castaña, pólas e castiñeiros.

    3. "Desnudos y grabados". Exposición con cadros de espidos e grabados sobre Ferrol.

    4. Érase una vez mis gatas. Contos e cadros sobre os animais que viven con ela.

Aínda que Carmen segue a facer algunha exposición en cafetarías, o proxecto Arte&Café como exposición fixa en estas dúas cafetarías en concreto foi discontinuado desde xuño, por mor das necesidades dos donos dos locais, que preferiron dispor do espazo para si.

Lista completa das xornadas de Pintura en Acción, retrato de Ferrol en 12 acciones pictóricas (una por mes).

  • Xaneiro: Café Zucre

  • Febreiro: Café Cafeto

  • Marzo: Campus de Esteiro, Universidade da Coruña

  • Abril: Escola Oficial de Idiomas, Ferrol.

  • Maio: Festa dos Callos, Santa Mariña

  • Xuño: Diario de Ferrol

  • Xullo: Porto de Ferrol

  • Agosto: Praia de Santa Comba, Covas, Ferrol

Algunas exposiciones y concursos:


1992

Exposición colectiva POsición, con otros alumnos de Bellas Artes (Pontevedra).

Seleccionada en el VIII Certamen Vila de Cedeira (Cedeira, A Coruña)


1994

Exposición colectiva La Ciudad de los Espejos de grabado (Pontevedra)

Seleccionada en el Certamen Novos Valores en la especialidad de grabado (Pontevedra).


1996

Áccesit en el V Concurso de Pintura Rápida La Rambla Color i Vida (Barcelona).

Seleccionada en el Certamen de Dibujo Ramón Casas, cuya exposición tuvo lugar en Els Quatre Gats (Barcelona).

Seleccionada en el concurso de pintura Arte Mínimo (León).


1997

Exposición en Galería Fenicia (Barcelona).

Exposición colectiva en el Gran Hotel de Sitges (Barcelona), organizada por el Ilustre Col.legi Oficial de Doctors i Llicenciats en Belles Arts i Professors de Dibuix de Catalunya.

Exposición colectiva en la Escuela de Hostelería (Sitges), organizada por el Ilustre Col.legi Oficial de Doctors i Llicenciats en Belles Arts i Professors de Dibuix de Catalunya.

Exposición individual de pinturas en la Biblioteca Popular de Sant Pau (Barcelona), con el título Pinturas para Vitrinas.

Segundo (2º) Premio en el Concurs de Pintura Sanvicens, organizado por el Ayuntamiento de Sitges.

Primer Áccesit en el Concurs de Pintura Ràpida Fira de Sant Ponç (Barcelona).

Exposición colectiva de pinturas en la Galería Punt Jota Art (Barcelona).

Exposición colectiva en L'Hospitalet de Llobregat.

Exposición individual de pinturas en la Galería Punt Jota Art (Barcelona).

Exposición individual en la Antigua Imprenta Borràs (Barcelona) con más de 70 pinturas y 250 dibujos sobre temas relacionados con la ciudad.

Exposición colectiva EIDOS en el Ateneo Ferrolán con otros estudiantes y licenciados en Bellas Artes.


1998

Exposición individual en el Centro Cultural Carvalho Calero de Ferrol, con el título Regreso.

Exposición en el Parador de Turismo de Ferrol.

Exposición colectiva Nenas dos meus ollos en la Galería Sargadelos (Ferrol).


1999

Exposición en el Centro Cultural Municipal de Ferrol (Centro Cultural Torrente Ballester).


2000

Exposición colectiva en el Círculo Mercantil de Marín.

Exposición en Arte&Café de Escola Aberta de Arte, en tres de las diez cafeterías de Ferrol en las que se organizó la muestra.

Exposición colectiva benéfica O Oficio do Pintor en Galería Sargadelos de Ferrol.


2001

Exposición en Galerías Ferrol.

Exposición en el Concello do Ortigueira.



2003

Exposición colectiva 3 Figurativos & Actuais en la Galería Arte-Imagen (A Coruña)



2004

Exposición individual en el Hotel Meliá María Pita (A Coruña)

Exposición colectiva en Galería Sargadelos (Ferrol) “Ferrol, 22 miradas”



2005

Exposición colectiva en la Galería Artefacto (Ribeira)

Exposición individual en la Galería Artefacto (Ribeira)

Exposición colectiva en la Feria Equiocio (Ferrol)

2006

Varias exposiciones en diversos locales de Ferrol

2º premio del concurso de pintura “El Mar y sus productos” organizado por el FROM (Madrid)

2007

3º Premio en el Concurso MINEIRA 2007 de pintura rápida

Áccesit en el concurso de pintura rápida “Fonte do Milagro” en O Courel

Áccesit en el concurso de pintura “Bello Piñeiro”, Mugardos

Primer premio en el I Concurso de pintura de CIRS, en Cervás (Ares)

Arte&Café: exposición permanente pero cambiante en los cafés Derby y Cafeto desde

Enero hasta Junio de 2007.

Proyectos Pintura en Acción, Pies, Retratos, María...

Enlaces:

Escola Aberta de Arte:
http://www.escolaaberta.com

Blog persoal, “Pintura en Acción”:
http://carmova.blogspot.com

Galería pictórica (obras antigas):
http://www.escolaaberta.com/carmen.htm

Traballos para a Igrexa de San Fernando en Santiago de Compostela:
http://carmenmartin.com/enca/sfer/index.html

Contos ilustrados e escritos por Carmen Martin:
http://carmenmartin.com/ilus/index.html

Páxina persoal:
http://carmenmartin.com

Contacto:

carmova@gmail.com

981 330 631 / 981 320 665 / 665 491 386 / 657 033 782

Rua Viladóniga, 102, Ferrol-15405 (A Coruña)